MÁIS ALÓ DO EVIDENTE

Explorando as dimensións subxacentes da arquitectura e o urbanismo

ARQUITECTURA E BIOCONSTRUCCIÓN

Deseñamos proxectos ecolóxicos creando espazos saudables e con baixo consumo de enerxía, usando materiais naturais, sustentables e
preferiblemente locais.

TERRITORIO E URBANISMO

Traballamos na planificación e transformación territorial e urbana dende unha perspectiva inclusiva, multidisciplinar e participativa, apostando
polo desenvolvemento sostible da nosa contorna.

COMUNIDADE E PROCESOS COLECTIVOS

Implementamos  procesos de participación pública e deseño colaborativo na elaboración de proxectos de arquitectura e de espazo urbano, e na elaboración de estudos e plans urbanísticos

SeteOitavas é unha cooperativa formada por profesionais da arquitectura e do urbanismo

A parte visible dun iceberg é tan só unha oitava parte do mesmo: a maior parte do mesmo está oculta baixo a auga. Tamén nos nosos proxectos hai sete oitavas partes ocultas do noso traballo, o intanxible, a investigación previa necesaria, o diálogo coas persoas ás que afecta, o proceso de ideación dos proxectos…

SETEOITAVAS

Proxectos destacados

OBRADOIROS DE FORMACIÓN EN CONSTRUCCIÓN CON TERRA CRATERRE

Convenio de colaboración coa organización francesa CRAterre para acoller e facer seguimento a tres estudantes en fase de formación en construción con terra do seu Máster de construción con terra onde se fixeron diferentes investigacións con paneis prefabricados de terra-palla.

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM) DE BERGONDO

XEOLOCALIZACIÓN DOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DAS COMARCAS DE O CARBALLIÑO E O RIBEIRO

Proxecto de xeolocalización con precisión submétrica dos xacementos arqueolóxicos das comarcas de O Carballiño e O Ribeiro co obxectivo de mellorar a súa protección.

AS TELLEIRAS DE AROUSA E DO BAIXO ULLA

Na ría de Arousa conformouse un espazo xeoestratéxico no que se foi construíndo co paso do tempo, unha paisaxe de grande riqueza patrimonial en torno do traballo do barro.

Últimas novas

VII XORNADAS – 8. Coloquio. Medio Urbano

VII XORNADAS – 8. Coloquio. Medio Urbano

VII XORNADAS - 8. Coloquio. Medio Urbano ESPIGA. Asociación Galega para a Bioconstrución     VII Xornadas: Bioconstrución no Medio Urbano Ortigueira 2022 Rehabilitación e reforma no medio urbano. Reflexións e exemplos: - Ana Perdigão Antunes - Hábitat Social...

Casas de Apostas en Galicia: Unha Mirada Urbana e Social

Casas de Apostas en Galicia: Unha Mirada Urbana e Social

As casas de apostas convertéronse nunha presenza constante nas nosas cidades, substituíndo tendas de barrio e cambiando a paisaxe urbana. Pero, que hai detrás destas fachadas? Un recente artigo en Galicia Confidencial lanza luz sobre este fenómeno e as súas...

SeteOitavas, Sociedade Cooperativa

Somos unha organización comprometida social e conscientemente co avance e o desenvolvemento sostible dos territorios, das cidades, dos lugares e das comunidades.

Traballamos desde Vigo, desde onde xestionamos servizos en todo o territorio galego e o norte de Portugal.

DATOS DOS COLEXIOS PROFESIONAIS

 

María Ríos Carballeira
Collegi d´Arquitectes de Catalunya número 53014-1

Alejandro Fernández Palicio
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia número 4238

 

ESF27870997 | Libro de inscrición de sociedades cooperativas. TOMO XI. FOLLA 1053-PO. NÚM. ASENTO 1.

Web do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España

Códigos de conduta

Confiaron en nos

Traballa con nos

Colabora connosco para levar a cabo proxectos arquitectónicos que transformen e enriquezan a túa contorna.

Política de privacidade

6 + 8 =

localización

Rúa Poboadores 35 baixo
VIGO 36202
Pontevedra

 

contacto

info@seteoitavas.com
T: 886 098 856 / 649 572 104

SETE OITAVAS S.COOP GALEGA. – Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL.
Operación subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal