Programa APROL-Economía Social

©2019

Seteoitavas

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Icono negro LinkedIn
  • Negro Twitter Icono
BIOCONSTRUCIÓN e ARQUITECTURA

Deseñamos proxectos ecolóxicos creando espazos saudables e con baixo consumo de enerxía, usando materiais naturais, sustentables e preferiblemente locais. Son construcións centradas na saúde das persoas, minimizando os compostos orgánicos volátiles (COV) e no aforro enerxético. 

 

Traballamos as diferentes escalas do proxecto arquitectónico; obra nova, rehabilitación, deseño interior e mobiliario. Apostamos pola reforma e rehabilitación para dar unha segunda vida a espazos construídos.

 

Nas nosas obras usamos madeiras, cales, arxilas e fibras naturais como acabados e como estrutura, mellorando as condicións higrotérmicas das vivendas a través do deseño e da introdución de materiais naturais.

Servizos de bioconstrución e arquitectura

(a)

(b)

(c)

(d)

(e)

(g)

Proxectos ecolóxicos creando espazos saudables con baixo consumo de enerxía, usando materiais naturais e preferiblemente locais

Reformas de espazos e rehabilitacións de construcións tradicionais con criterios de sostibilidade e usando materiais tradicionais e compatibles con eles cunha visión contemporánea

Asesoramento na construción e autoconstrución de vivendas e outras estruturas dende unha perspectiva tradicional na relación entre constructor e medio ambiente

Talleres de construción natural, ver apartado de formación

Creamos espazos efímeros para exposición e deseñamos locais comerciais e espazos interiores cunha especial atención aos materiais e mobiliario.

Realizamos informes, valoracións, medicións, peritaxes, licenzas e documentación necesaria para a tramitación e actualización dos bens inmobles.

PROXECTOS DESTACADOS

Acondicionamento de vivenda tradicional en Allariz

Asesoramento para autoconstrución de vivenda tradicional en Allariz

Acondicionamento de construción tradicional para Albergue turístico

Vivenda unifamiliar en      Valadares, Vigo