SETE OITAVAS

Cooperativa

SeteOitavas é unha cooperativa formada por profesionais da arquitectura e do urbanismo que, en colaboración con outros equipos multidisciplinares, traballamos a escala territorial (desde plans de urbanismo a proxectos de mobilidade), a escala arquitectónica (proxectos de obra nova, rehabilitación, bioconstrucción, etc) e, por último, a escala persoal e comunitaria (acompañamento técnico de proxectos a particulares ou colectivo para a toma de decisións e/ou xestión, asesoriamiento e co-deseño de prazas, parques, patios, camiños escolares, etc).

Nestas tres escalas elaboramos proxectos, plans, informes, documentos e investigacións centrados na saúde das persoas e do noso contorno e desde unha perspectiva consciente e comprometida do mundo do que formamos parte.

A parte visible dun iceberg é tan só unha oitava parte do mesmo: a maior parte do mesmo está oculta baixo a auga. Tamén nos nosos proxectos hai sete oitavas partes ocultas do noso traballo, o intanxible, a investigación previa necesaria, o diálogo coas persoas ás que afecta, o proceso de ideación dos proxectos…

Traballa con nos

Colabora connosco para levar a cabo proxectos arquitectónicos que transformen e enriquezan a túa contorna.

localización

Rúa Poboadores 35 baixo
VIGO 36202
Pontevedra

 

contacto

info@seteoitavas.com
T: 886 098 856 / 649 572 104