FORMACIÓN e OBRADOIROS

Coa vontade de xerar coñecemento nas áreas específicas de traballo da cooperativa alén da divulgación dos traballos realizados, propoñemos programas de formación adaptadas ás necesidades e coñecementos previos das persoas participantes.

 

As formacións que ofrecemos elabóranse dende unha óptica práctica, incidindo no desenvolvemento e a realidade da profesión.

 

O formato dos procesos formativos, abarcan dende formacións continuas ao longo de semanas  ou pequenas píldoras de un ou dous días.

Servizos de formación e obradoiros

(a)

(b)

(c)

(d)

(e)

Formamos en procesos de bioconstrución e autoconstrución natural de espazos e vivendas mediante formacións continuas ao longo do ano ou específicas para un proxecto destinados a técnicos, profesionais e cidadanía en xeral

Contamos con ampla experiencia en deseño e execución de obradoiros de construción natural; descuberta dos materiais naturais, e científicos sobre os materiais naturais orientados a públicos infantil e a mocidade e cidadanía

Realizamos xornadas, seminarios e cursos SIX aplicados a urbanismo e patrimonio

Ofrecemos cursos de iniciación á fotografía dende cero,onde, dun xeito práctico, aprenderas os fundamentos da técnica e a estética, e conseguirás dominar con eficacia a túa cámara

Participamos e promovemos xornadas e cursos nos que convidamos á reflexión sobre unha lectura inclusiva dos espazos que habitamos (cidades, vilas, vivendas, equipamentos, etc). Profundando nas ferramentas que garantan unha planificación e deseño de espazos acaidos ás diferentes realidades.

 

PROXECTOS DESTACADOS

Cursos formativos anuais de bioconstrución en Vigo

Obradoiro no XL aniversario do Museo do pobo galego

Obradoiros de formación en construcción con terra en colaboración con CRATERRE

Obradoiro de illamento térmico natural en Salceda

Programa APROL-Economía Social

©2019

Seteoitavas

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Icono negro LinkedIn
  • Negro Twitter Icono