Programa APROL-Economía Social

©2019

Seteoitavas

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Icono negro LinkedIn
  • Negro Twitter Icono
FOTOGRAFÍA e DRONS

Realizamos traballos e reportaxes fotográficos tanto como unha ferramenta que nos ofrece profundar no coñecemento, enriquecer o soporte gráfico e achegarnos á comunidade nos traballos propios da cooperativa, como a realización de  servizos externos de documentación, divulgación e promoción.

 

Creamos historias a través de imaxes, fotografías, vídeos e outras técnicas visuais, aportando sempre a sensibilidade especial da visión arquitectónica ao noso traballo.

 

Abarcamos todas as escalas de traballo dende fotografía de obxectos e detalles construtivos, ata fotografías aéreas territoriais para medicións ou como ferramenta auxiliar na ordenación do territorio. Estas últimas aportan un punto de vista pouco visto, moi atractivo, e cunhas posibilidades técnicas e compositivas moi notables.

 

Temos experiencia en retoque dixital, deseño gráfico e maquetación de documentos, o que nos permite ofrecer un produto final de calidade.

Servizos de fotografía e drons

(a)

(b)

(c)

(d)

(e)

Construímos imaxes evocadoras de interiores e exteriores de edificacións coa mirada e sensibilidade arquitectónica. Concibimos a reportaxe fotográfica coma un proceso completo, cunha recollida  minuciosa de información na localización de cara a contar cuns condicionantes óptimos

Como operadora habilitada pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (A.E.S.A.) para a realización de operacións especializadas de traballos aéreos, realizamos reportaxes fotográficas e de vídeo de alta calidade con aeronaves non tripuladas

 

Utilizamos a técnica da fotogrametría en obxectos con cámaras dixitais, e no territorio con aeronaves non tripuladas. Isto permítenos xerar un modelo en tres dimensións, producir planos e cartografías, e sobre todo a posibilidade de medir neles, acadando un nivel de precisión axeitado

Realizamos seguimentos de construción de obras, producións artísticas e en xeral, de calquera proceso que discorra no tempo. A través de fotografías, Time-lapses e videos de parte do proceso, documentamos de forma única os pasos seguidos no proxecto, sempre desde unha óptica de especial sensibilidade pola composición e xeometría

Producimos reportaxes fotográficas de eventos coma roteiros, procesos participativos de plans, obradoiros cidadáns, xornadas de difusión, ou calquera ocasión que mereza a pena retratar

 

PROXECTOS DESTACADOS

Voos aéreos no proxecto de Xeolocalización de Xacementos Arqueolóxicos

Reportaxe fotográfica de Arume Labs: Academia de ensino en Ourense

Reportaxe fotográfica corporativa para Sergave SL

Gravación da cadea de produción nunha nave de procesado de atún