FERRAMENTAS SIX

Aplicamos os sistemas de información xeográfica para todo tipo de investigacións e proxectos, (planificación e ordenación urbana e territorial, patrimonio e arqueoloxía, paisaxe, xestión forestal e ambiental), aportando utilidades e solucións a medida, segundo as necesidades do traballo.

 

Tratamos datos con compoñente xeográfica para facilitar a análise e a toma de decisións, mediante un correcto inventariado dos recursos dispoñibles e unha boa administración da información xeográfica.

 

Traballamos tanto co sector privado como coa administración pública, encargándonos de tódalas fases do proxecto, dende a toma de datos ata a visualización da información.

Servizos de ferramentas SIX

(a)

(b)

(c)

(d)

(f)

(g)

Deseño de cartografías temáticas, divulgativas e comerciais adaptadas ás necesidades particulares de cada proxecto. 

 

Creación e actualización de inventarios e bases de datos xeorreferenciadas para sacarlle o máximo partido á información, aplicados a proxectos de planificación urbana, patrimonio cultural, xeografía histórica, arqueoloxía, toponimia, cartografía, inventariado de recursos, catastro etc 

 

Creación de visores de mapas ou xeoportales nos que visualizar, editar ou administrar a información xeográfica dispoñible, dun xeito sinxelo, rápido e intuitivo.

 

Realizamos deslindes e delimitación da propiedade inmobiliaria para a legalización de lindes, así como xestións catastrais.

 

Servizos de análises territorial a partires da fotointerpretación 


Ofrecemos servizos de consultoría SIX para axudarte na resolución de problemáticas xeoespaciais, asesorarte na creación dunha estratexia de xeorreferenciación dos teus datos ou amosarte as capacidades destas ferramentas fundamentais a través de cursos de formación específicos.

 

PROXECTOS RELACIONADOS

Plan Arqueolóxico Municipal de Bergondo

Xeolocalización de xacementos arqueolóxicos 

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bergondo

Programa APROL-Economía Social

©2019

Seteoitavas

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Icono negro LinkedIn
  • Negro Twitter Icono