Programa APROL-Economía Social

©2019

Seteoitavas

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Icono negro LinkedIn
  • Negro Twitter Icono
MOBILIDADE SOSTIBLE

Elaboramos estudos e plans de mobilidade sostible a diferentes escalas, que impulsen novas estratexias de desprazamento urbano, fomentando modos de transporte sostibles e compatibles coa defensa do medio ambiente buscando a mellora da calidade de vida.

 

Entendendo a mobilidade como un aspecto clave na planificación urbana e no deseño dos espazos públicos, traballamos procurando solucións adaptadas á realidade local, a partires das necesidades e demandas específicas das persoas que o habitan.

 

Na execución destes traballos baseámonos en tres aspectos clave; o uso responsable das infraestruturas e dos recursos do territorio, a autonomía e o empoderamento en canto aos desprazamentos e a accesibilidade universal.

Servizos de mobilidade sostible

(a)

(b)

(c)

(d)

(e)

Facemos estudos e deseñamos estratexias orientadas á mellora da mobilidade a diferentes escalas, dende o ámbito comarcal ao de barrio. 

 

Elaboramos, á escala municipal, plans de mobilidade urbana sostible co obxectivo de transformar e promover novas formas de desprazamento máis sostibles e compatibles coa defensa do medio ambiento garantindo a accesibilidade universal.

Co-deseñamos, en estreita colaboración co alumnado e outros axentes relevantes, camiños escolares seguros, co obxectivo de fomentar a súa autonomía, a través dunha mobilidade alternativa ao vehículo privado; mellorar o entorno; e recuperar espazos para uso e fruición do conxunto da veciñanza.

Deseñamos roteiros, itinerarios peonís e ciclistas, integrando e valorizando as preexistencias do territorio; executando as obras seguindo o criterio de menor impacto paisaxístico e ambiental, tanto a través dos materiais empregados como da propia intervención.

Estudos de accesibilidade e auditorías de mobilidade peonil / ciclista.

 

PROXECTOS DESTACADOS

Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Redondela

Camiño escolar do IES Pintor Colmeiro de Silleda

Camiño escolar do CEIP Mestre Ramiro Sabell de Ponteareas

Asesoramento no codeseño do camiño escolar de Ponteareas co alumnado do IES do Barral