Programa APROL-Economía Social

©2019

Seteoitavas

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Icono negro LinkedIn
  • Negro Twitter Icono
PATRIMONIO E PAISAXE

Realizamos traballos arredor do patrimonio e a paisaxe buscando a mellora da súa xestión, valorización e rendibilización social. Apostamos pola participación, traballando da man da comunidade local, como medio para garantir a sostibilidade e o éxito dos proxectos. 

 

Entendemos o patrimonio e a paisaxe como ferramentas cun enorme potencial para acadar un desenvolvemento social e territorial endóxeno.

 

Traballamos a diferentes escalas: dende o ámbito territorial (planificación estratéxica), ata intervencións puntuais en elementos do patrimonio cultural (investigación, protección, posta en valor) ou da paisaxe (integración, recuperación, protección, posta en valor)

 

Colaboramos na planificación, deseño, execución e divulgación dos proxectos coa propia comunidade local e/ou os colectivos involucrados, axentes fundamentais sobre os que se basea o éxito dos proxectos.

Elaboración de plans estratéxicos orientados á procura do desenvolvemento territorial endóxeno a través dos recursos patrimoniais, prestando especial atención a súa xestión sostible, e á apropiación dos valores do territorio por parte das comunidades

Inventario de bens, elaboración de catálogos de planeamento (arquitectónico e arqueolóxico), e desenvolvemento de propostas para a integración do patrimonio na ordenación urbana e territorial  

 

Deseño de propostas e execución de proxectos de documentación, conservación, posta en valor e musealización de elementos do patrimonio

 

Estudos etnográficos, de investigación histórica e memoria orientados ao desenvolvemento social, apostando polo emprego de ferramentas colaborativas como mapeos e cartografías colectivas, e a divulgación do coñecemento a través das plataformas e medios máis axeitados ao contexto do traballo

 

Traballos no eido arqueolóxico: prospeccións extensivas e intensivas, estudos de impacto e aplicación de medidas correctoras, balizamentos e informes técnicos

 

Aplicación de sistemas de información xeográfica ao patrimonio cultural: inventarios xeorreferenciados, cartografías temáticas e divulgativas, visores

Asesoramento en materia de patrimonio cultural: lexislación, xestión e tramitación de proxectos, axudas e subvencións

 

 

Estudos integrais da paisaxe co obxectivo de establecer medidas orientadas a súa protección ou mellora. 

 

Realización de estudos de impacto e integración paisaxística atendendo ás singularidades e especificidades de cada contexto  

Deseñamos estratexias de protección e posta en valor da paisaxe dende unha perspectiva multi-disciplinar, coa finalidade de impulsar un desenvolvemento sustentable e equilibrado do territorio

 

Realizamos inventarios de valores e recursos paisaxísticos 

 

Servizos de patrimonio

Servizos de paisaxe

(a)

(b)

(c)

(d)

(e)

(f)

(g)

(h)

(i)

(j)

(k)

PROXECTOS DESTACADOS

Plan Arqueolóxico Municipal de Bergondo

Xeolocalización de xacementos arqueolóxicos 

Catalogación do Patrimonio Cultural  de Bergondo

 Catalogación do Patrimonio Cultural de Redondela