PROCESOS e COMUNIDADE
Implementamos procesos de participación pública e deseño colaborativo na elaboración de proxectos de arquitectura e de espazo urbano, e na elaboración de estudos e plans urbanísticos.
Apostamos polo empoderamento das persoas no relativo ao coñecemento e toma de decisións dos procesos que lle afectan na súa vida diaria, como son o deseño da vivenda, a definición dos equipamentos que precisa no barrio, ou da transformación dos que fai uso habitual, así como no deseño do espazo público, na planificación urbana e na mobilidade.
No deseño e acompañamento dos procesos de participación e creación colectiva, desenvolvemos ferramentas de innovación social, que nos axudan a afrontar as solucións de xeito eficiente e creativo xunto coa comunidade interesada.
Poñemos especial atención en dar voz e recoñecer as necesidades de aqueles colectivos que contan cunha menor representación social e cunha maior vulnerabilidade, como poden ser a infancia e a mocidade, as persoas con necesidades especiais, as mulleres e/ou as persoas maiores. Recoñecendo a vulnerabilidade como condición esencial das persoas, promovemos dinámicas para conseguir espazos mais inclusivos.
Servizos de procesos e comunidade
(a)
(b)
(c)
(d)
(e)
(f)
Deseño e implementación de procesos de participación pública en relación cos ámbitos de traballo da cooperativa
Acompañamento técnico a particulares ou colectivos para a toma de decisións nas diferentes fases dun proxecto ou plan, dende o deseño, pasando pola xestión, ata as súas posibilidades de uso
Asesoramento e co-deseño de intervencións sobre o espazos colectivos como: rúas, prazas, parques, patios e camiños escolares, para conseguir lugares accesibles, dinámicos e seguros, e que integren ás necesidades de toda a comunidade
Asesoramento a comunidades e colectivos para a posta en marcha de procesos de redefinición e deseño dos espazos comúns, como pode ser o asesoramento á comunidade educativa, asociacións veciñais, etc.
Posta en marcha de itinerarios para a creación e a descuberta dos materiais naturais en centros educativos e/ou asociacións.
Organización de eventos (formacións, roteiros comentados, debates) relacionados co coñecemento e coa posta en valor do espazo público, do territorio e do hábitat rural
PROXECTOS DESTACADOS
Idea As Pontes. Proceso de participación pública.
Colaboradores improbables no proceso Hibriliadiak
Itinerario da descuberta, co-deseño e transformación dos patios escolares no colexio Andaina
"Facer espazo" dentro do proxecto #Salón do Marco