Programa APROL-Economía Social

©2019

Seteoitavas

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Icono negro LinkedIn
  • Negro Twitter Icono
URBANISMO e TERRITORIO

Traballamos na planificación e transformación territorial e urbana dende unha perspectiva inclusiva, multidisciplinar e participativa, apostando polo desenvolvemento sostible da nosa contorna e aplicando ferramentas e metodoloxías innovadoras das tecnoloxías da información e comunicación, específicas para cada proxecto.

 

Na planificación e transformación urbana procuramos facer dos entornos rurais e urbanos, lugares mais amables, sustentables, habitables e seguros, e para conseguilo consideramos imprescindible a incorporación da visión de xénero nos nosos traballos.

 

Así mesmo, a implementación de metodoloxías que combinan o procesado de datos por medio dos sistemas de información xeográfica, e a participación e o diálogo coa comunidade, permítennos achegarnos a solucións mais acaidas para cada caso concreto.

Servizos de urbanismo

(a)

(b)

(c)

(d)

(e)

(f)

(g)

(h)

Redacción de documentos urbanísticos de planeamento estratéxico, xeral e de desenvolvemento

Elaboración de proxectos de deseño e transformación do espazo público no ámbito urbano e rural, con especial atención ao territorio no que se insiren e ás persoas que o habitan, dende a escala do deseño ate o proxecto de urbanización

Asesoría e consultoría urbanística orientada tanto á administración pública como a entidades, colectivos e particulares.

Realización de estudos, investigacións e documentos estratéxicos no eido territorial e urbano. Incorporando a innovación social e sistemas de información xeográfica

Traballos de análise e auditorías do espazo público, plans e programas, dende unha perspectiva de xénero e cunha visión inclusiva, nos que se analiza como se integran as necesidades para colectivos vulnerables

Posta en marcha e seguimento de procesos de participación asociados  á transformación territorial

Organización de eventos, xornadas, roteiros e formación en relación ao coñecemento e posta en valor do territorio e o espazo público, e a perspectiva de xénero

Documentos técnicos urbanísticos

PROXECTOS DESTACADOS

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bergondo

Informe "Tecendo Litoral" 

Plan Xeral de Ordenación Municipal de As Pontes